Presentación
A Mancomunidade de Ordes leva xa tempo traballando nunha estratexia conxunta de todos os seus concellos para artellar estratexias conxuntas para que o turismo da nosa comarca se converta nunha fonte de promoción e de ingresos para as nosas xentes.
Pero unha boa planificación turística non se forma so tendo unha imaxe conxunta, unha plataforma web de promoción e uns folletos de promoción, todo isto é parte do que as institucións podemos e de feito xa temos en marcha, outro dos piares que deben soster esta estratexia é a implicación do sector privado na creación de produto turístico e na definición de obxectivos e sinerxías entre o propio sector e tamén coas diferentes administracións, e así é como o vemos desde a Mancomunidade de Ordes, por iso poñemos en marcha este proxecto que pretende formar ás nosas empresas do sector turístico.
A Academia de Turismo conta cunhas “Clases maxistrais” nas que contaremos cun importante plantel de formadores, todas estas persoas contan unha ampla experiencia en cada un dos subsectores do turismo.
Clases Maxistrais
Programa
As accións serán impartidas por persoal capacitado e con grande experiencia, sendo estas as accións que se realizarán:
06/11/2023
Xornada de exemplos de Boas Prácticas
Empresarios locais
Lugar:
Viveiro de empresas de Cerceda
Horario:
Luns, ás 17.00h
14/11/2023
Atención ao cliente online
Fernando Rodríguez de la Torre
Lugar:
Concello de Oroso (Aula CeMIT)
Horario:
Martes, ás 17.00h
16/11/2023
Barista
Alberto Pita
Lugar:
Bar Salón, Ordes
Horario:
Xoves, ás 17.00h
21/11/2023
Comercialización de produtos online
Fernando Rodríguez de la Torre
Lugar:
Concello de Oroso (Aula CeMIT)
Horario:
Martes, ás 17.00h
27/11/2023
Xestión de restaurantes, conservar mellor para gañar máis
Miguel Silvarredonda
Lugar:
Mercado Municipal de Ordes
Horario:
Luns, ás 17.00h
Coñece aos
Expert@s
Quen e?
Alberto Pita
Quen e?
Fernando Rodríguez de la Torre
Na actualidade é director na axencia de publicidade Con C de Comunicación, profesor no Máster de Marketing Dixital da USC e director de BriefingGalego.com, portal de referencia do sector do márketing e a publicidade en Galicia.
Quen e?
Miguel Silvarredonda
© Mancomunidade de Concellos de Ordes