
Academia de Turismo
da Comarca de Ordes
Presentación
A Mancomunidade de Ordes leva xa tempo traballando nunha estratexia conxunta de todos os seus concellos para artellar estratexias conxuntas para que o turismo da nosa comarca se converta nunha fonte de promoción e de ingresos para as nosas xentes.
Pero unha boa planificación turística non se forma so tendo unha imaxe conxunta, unha plataforma de web de promoción e uns folletos de promoción, todo isto é parte do que as institucións podemos e de feito xa temos en marcha, outro dos piares que deben soster esta estratexia é a implicación do sector privado na creación de produto turístico e na definición de obxectivos e sinerxías entre o propio sector e tamén coas diferentes administracións, e así é como o vemos desde a Mancomunidade de Ordes, por iso poñemos en marcha este proxecto que pretende formar ás nosas empresas do sector turístico e dar asesoramento a aqueles proxecto emprendedores con profesionais de alto prestixio.
A Academia de Turismo conta con dúas accións moi diferenciadas, as “Clases maxistrais” e as “Mentorizacións”, para todas estas accións contaremos cun importante plantel de formadores, todas estas persoas contan unha ampla experiencia en cada un dos subsectores do turismo.
o que precisas para saber
Como participar
Como puideches ler, hai dous xeitos de participar, presentando unha candidatura á ser unha das empresas mentorizadas na Academia e outro dos xeitos e asistindo ás Clases Maxistrais que se impartirán e das que podes ver o programa nesta mesma web.
solicitude empresa mentorizada
Se queres participar como unha das 10 empresas que serán mentorizadas, debes cubrir esta solicitude, esta solicitude non supón que a túa idea ou proxecto sexa seleccionada, se non que será avaliada e seleccionada pola dirección da academia, despois da análise da mesma, para o cal é probable que che solicitemos mais información e incluso se concerte unha entrevista:
Clases Maxistrais
Programa
A estas masterclass poderán asistir as empresas mentorizadas, pero tamén calquera outra persoa que o desexe, xa que serán RETRANSMITIDAS ONLINE
Se o que queres é participar nas clases maxistrais, no programa poderás acceder a información de cada unha delas e tamén poderás realizar a solicitude de admisión, xa que serán prazas reservadas. Para estas accións terán prioridade as persoas con domicilio na Comarca de Ordes, podendo participar xente da mesma, sempre e cando non se cubran as prazas.
As accións serán impartidas por persoal capacitado e con grande experiencia, sendo estas as accións que se realizarán:
13/10/2021
Xestión de Empresas Turísticas
Estefanía Fernández
Lugar:
Concello de Oroso (Aula CeMIT)
Horario:
Mércores, de 19.30h a 21.30h
15/10/2021
Xornada de exemplos de Boas Prácticas
Manuel Lema, de Cabañitas del Bosque, Jessica Rey de Casa Grande de Xanceda, Manuel Guillermo Cartamil de SeaFood Market Mama Celia, Xosé Ramón Nóvoa de Ruta N-VI
Lugar:
Concello de Trazo (Centro Social Casa Amarela)
Horario:
Venres, de 17.30h a 19.30h
20/10/2021
Atención ao Cliente Offline
Alberto Pita
Lugar:
Aula de cociña, na Praza de Abastos do Concello de Ordes
Horario:
Mércores, de 17.30h a 19.30h
22/10/2021
Plan de Viabilidade
Ana Belén Muñiz Vera
Lugar:
Concello de Frades (Sala Multiusos do Concello)
Horario:
Venres, de 19.30h a 21.30h
27/10/2021
Posibilidades de Financiación e Axudas para a miña Empresa
Colaboración co Clúster de Turismo
Lugar:
Salón de plenos da Mancomunidade de Ordes, Concello de Ordes
Horario:
Mércores, de 19.30h a 21.30h
29/10/2021
Atención ao Cliente Online, Whatsapp Business
Alberto Falcón
Lugar:
Concello de Cerceda - Viveiro de Empresas
Horario:
Venres, de 19.30h a 21.30h
03/11/2021
Camareira/o de barra (Barista)
Alberto Pita
Lugar:
Concello de Ordes (Lugar a determinar)
Horario:
Mércores, de 17.30h a 19.30h
05/11/2021
Escandallo e Optimización de Menús
Miguel Silvaredonda
Lugar:
Aula de cociña, na Praza de Abastos do Concello de Ordes
Horario:
Venres, de 17.30h a 19.30h
10/11/2021
Conservación de Produtos
Miguel Silvarredonda
Lugar:
Aula de cociña, na Praza de Abastos do Concello de Ordes
Horario:
Mércores, de 17.30h a 19.30h
12/11/2021
Envases para TakeAway
Miguel Silvarredonda
Lugar:
Aula de cociña, na Praza de Abastos do Concello de Ordes
Horario:
Venres, de 17.30h a 19.30h
17/11/2021
Comercialización de Produtos Online, a nova economía
Estefanía Fernández
Lugar:
Concello de Tordoia (Lugar a determinar)
Horario:
Mércores, de 19.30h a 21.30h
19/11/2021
Xornada de Contactos con Axencias
Varios asistentes
Lugar:
Salón de plenos da Mancomunidade de Ordes, Concello de Ordes
Horario:
Venres, de 19.30h a 21.30h
11/12/2021
RUTA “Comarca de Ordes a ConCiencia”
Observer Turismo Científico
A saída do bus será ás 10:00 h. do sábado 11 de decembro, do parque Rodríguez de la Fuente de Ordes e realizará paradas en diferentes puntos dos concellos da nosa Comarca, contando tamén cunha parada para poder tomar un snack, contaremos con guías especializados e estaremos de volta no punto de partida ás 14:00 h.
Lugar:
Casa do Concello de Ordes
Horario:
Sábado, de 10h a 14h
16/12/2021
VISITA A CASA GRANDE DE XANCEDA
Casa Grande Xanceda
As persoas anotadas poderán achegarse á Casa Grande de Xanceda polos seus propios medios ou en autobús que sairá do parque Rodríguez de la Fuente de Ordes ás 16:00 h. para comezar a visita ás 16:30 h.
Lugar:
Casa Grande de Xanceda - Mesía
Horario:
Xoves, ás 16.30h
Coñece aos
Expert@s
Quen e?
Manuel Pan


Quen e?
Ana Belén Muñiz Vera
Quen e?
Alberto Pita


Quen e?
Alberto Falcón
Quen e?
Miguel Silvarredonda


Quen e?
Estefanía Fernández
Quen e?
Manuel Lema


Quen e?
Jessica Rey
Quen e?
Manuel Guillermo Cartamil


Quen e?
Xosé Ramón Nóvoa
Cada un dos mentores que se lle asigne a cada empresa acordará as datas e tempos de duración das xuntanzas de mentorización entre os meses de setembro a decembro do presente ano, tamén acordarán coa empresa si a reunión é presencial ou a distancia.
Ao final da mentorización realizarase un acto de presentación dos proxectos mentorizados, co fin de dalos a coñecer.
Contacto

© Mancomunidade de Concellos de Ordes