sihaho

A primeira edición do DesOrdes: Xeodestino Mural sumará catro murais ao patrimonio artístico da Mancomunidade

A iniciativa, posta en marcha coa colaboración da Deputación da Coruña e co proxecto Desordes Creativas suporá o pintado de murais nos Concellos de Oroso, Frades, Mesía e Trazo. A Mancomunidade de Ordes, en colaboración coa Deputación da Coruña e o proxecto Desordes Creativas, pon en marcha a iniciativa DesOrdes: Xeodestino Mural a través da…

A Mancomunidade de Ordes reafirma a súa aposta pola inclusión colaborando co programa ‘Enrédate’

A iniciativa, promovida pola Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR), desenvolverase no museo do Traxe Juan José Linares de Ordes nos meses de xuño e xullo. A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes redobra a súa aposta pola inclusión de mulleres con discapacidade colaborando de novo co programa Enrédate, promovido por ACADAR.…

A Mancomunidade de Ordes leva a BioCultura a gastronomía da comarca e ‘Os Lugares do Paraíso’

A Mancomunidade estará presente en ExpoCoruña ao longo desta fin de semana con mostras de produtos gastronómicos típicos e con información sobre as rutas guiadas ‘Os Lugares do Paraíso’. A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes está presente desde hoxe venres na Feira de Produtos Ecolóxicos e Ecoturismo ‘BioCultura’ que se celebrará ao longo…

A Mancomunidade de Ordes presenta en FITUR as rutas guiadas pola comarca, o seu primeiro produto turístico como xeodestino

No acto interviñeron a presidenta, Susana García, o delegado provincial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e Iria Rodríguez, en representación de Viaxes Alumar, empresa comercializadora. O proxecto integra un total de sete rutas gratuítas polos concellos da Mancomunidade, que xa poden ser…

A Mancomunidade de Ordes presentará en FITUR as ‘Rutas Guiadas pola Comarca de Ordes’

O acto terá lugar o mércores, 18 de xaneiro, e nel intervirán a presidenta Susana García; o delegado da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor e Iria Rodríguez de Viaxes Alumar, entidade comercializadora. O proxecto está integrado por sete visitas guiadas polos municipios que integran a Mancomunidade a través das cales se busca promover…

Scroll to Top