A XIV Matanza de Trasmonte pecha a programación dun exitoso ‘Vai de Feira’

A Mancomunidade de Ordes despediu a vixente edición do programa ‘Vai de Feira’ coa celebración da XIV Festa da Matanza de Trasmonte, no Concello de Oroso, que congregou a centos de persoas para gozar dunha xornada repleta de actividades lúdicas e de exaltación a un dos pratos máis sobranceiros da gastronomía galega; o cocido.

Música tradicional, comida e agasallos foron algunhas das propostas das que puideron gozar as persoas asistentes ao evento, entre as cales se inclúe a conselleira de Mobilidade e INfrestruturas da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez.

Ademais durante a xornada tamén estivo habilitado un food truck da campaña Galicia Sabe Amar, o cal serviu petiscos elaborados con produtos dos litorais galegos.

Consulta todas as fotografías do evento premendo nesta ligazón.

 

Scroll to Top